mércores, 28 de decembro de 2016

TROLLS

Os alumnos de primeiro e segundo fomos ver a película de trolls.
Esta película trata de uns divertidos e amigables trolls aos que lles encanta xogar, e facer festas. Estes seres felices e alegres, tan característicos polos seus puntiagudos peiteados de cores, cantan, bailan e pásano de medo cada día. Pero non son só unhas criaturas encantadoras, aloucadas e máxicas, tamén son moi saborosas.
Ou iso é o que opinan os pesimistas Bergens, uns seres que só son felices cun troll no seu estómago. Agora o seu novo gobernante, o Princípe Gristle, quere restauralos no menú para contentar aos seus súbditos.


Xusto antes de ir a vela, recibimos nas clases unha carta de POPPY!!!!
 Como estaba en perigo, non o dudamos un minutos e mandámoslle cartas de volta.

Unha mostra do moito que lles gustou a película: 



Para axudala organizamos unha búsqueda do tesouro. Nela había que resolver  6 probas.

PROBAS DESCRICIÓN
PROBA 1 BAILAR E CANTAR
PROBA2 CÓDIGO ESCRITURA DO ANTIGO EXIPTO
PROBA 3 FACER QUE SE ANDA EN BICHOPATÍN
PROBA 4 XEROGLÍFICO
PROBA 5 COLLER 20 PEDRAS
PROBA 6 CARREIRA Á PATA COXA E COLLIDOS DA MAN









Ao final de cada proba apuntamos as cualidades que tiña cada Troll, eso fixos máis fortes e axudounos a vencer aos seus enemigos.

O primeiro equipo que resolva tódalas probas gañou un trofeo e todos os participantes recibiron un MARCAPÁXINAS de Trolls!!! 

Que ben o pasamos axudando aos nosos amigos os Trolls!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario