Amosando publicacións coa etiqueta CAA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CAA. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de xaneiro de 2021

Taller con acuarelas e repaso de verbos xogando ao parchís.


Os nenos e nenas de 6º nas sesións de plástica traballamos distintas técnicas con acuarelas.
E en lingua estivemos repasando os verbos co xogo do parchís. 

Aprendemos xogando, experimentado e ao aire libre

 Os nenos e nenas de 6ºA aproveitamos os días que sae o sol para aprender xogando ao aire libre.

Nesta sesión fixemos un ditado en parellas a través de relevos onde tiñamos que traballar a memoria e a nosa forma física, clasificamos as palabras segundo foran ditongos ou hiatos e por último experimentamos coa electricidade estática. 

Pasámolo xenial! Esperamos que vos guste.

martes, 30 de xuño de 2020

Despedida 5ºA

Rematamos un curso atípico pero que estivo repleto de traballo e de bos momentos que merecen ser recordados.
Quédanos un peldaño máis para abrir unha nova etapa. Así que a seguir vivindo experiencias e a dalo todo en sexto!!!
Bo verán!

Experimentos na casa 5ºA

Os nenos e nenas de 5ºA durante este curso levamos a cabo distintos experimentos tanto no colexio como na casa.  Aquí tendes algúns titoriais feitos por nós dos experimentos que fixemos na casa. 
Esperamos que os poñades en práctica e pasedes un bo momento!!
Preme en cada foto ou título para ver o experimento.

BOOKTUBERS DE 5ºA

Os alumnos e alumnas de 5º A durante o estado de alarma fixemos de booktuber recomendando algúns dos nosos libros favoritos. Aquí tendes algúns dos booktubers que fixemos, hai moitos máis!!
Animádevos a lelos!!

Algúns traballos dos alumnos de 5ºA

Durante estos meses os alumnos e alumnas de 5ºA estivemos traballando moito. Aqui vos deixamos unha pequena mostra dos diferentes traballos que realizamos.
 Esperamos que vos gusten!

  • Matemáticas: Creación dun "angulador" para traballar os ángulos, os ángulos do nome e elaborar figuras planas con plastilina e palillos.
  • Ciencias Sociais: as etapas da historia, liñas do tempo.

  • Plástica: técnica artística(puntillismo), Paralelas e  3D, crear acuarelas con tintes naturais, manualidades, creación de pelotas de malabares ... Aquí tendes algúns exemplos:


  • Ciencias naturais. elaboración de pirámides alimenticias e menús saudables. 



xoves, 30 de maio de 2019

CALIGRAMAS DE 6º A

Os nenos e nenas de 6º A estivemos traballando as poesías, e tamén outra maneira de escribilas e mostralas,os caligramas; e aquí están algúns:















sábado, 25 de maio de 2019

Aparello respiratorio

Aparecen agora estes alumnos e alumnas de 6º amosándonos o aparello respiratorio, que tamén intervén na dixestión

Aparello respiratorio

E as fotos da presentación: