Amosando publicacións coa etiqueta 2019-2020. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2019-2020. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de xuño de 2020

Despedida 5ºA

Rematamos un curso atípico pero que estivo repleto de traballo e de bos momentos que merecen ser recordados.
Quédanos un peldaño máis para abrir unha nova etapa. Así que a seguir vivindo experiencias e a dalo todo en sexto!!!
Bo verán!

Experimentos na casa 5ºA

Os nenos e nenas de 5ºA durante este curso levamos a cabo distintos experimentos tanto no colexio como na casa.  Aquí tendes algúns titoriais feitos por nós dos experimentos que fixemos na casa. 
Esperamos que os poñades en práctica e pasedes un bo momento!!
Preme en cada foto ou título para ver o experimento.

BOOKTUBERS DE 5ºA

Os alumnos e alumnas de 5º A durante o estado de alarma fixemos de booktuber recomendando algúns dos nosos libros favoritos. Aquí tendes algúns dos booktubers que fixemos, hai moitos máis!!
Animádevos a lelos!!

Algúns traballos dos alumnos de 5ºA

Durante estos meses os alumnos e alumnas de 5ºA estivemos traballando moito. Aqui vos deixamos unha pequena mostra dos diferentes traballos que realizamos.
 Esperamos que vos gusten!

  • Matemáticas: Creación dun "angulador" para traballar os ángulos, os ángulos do nome e elaborar figuras planas con plastilina e palillos.
  • Ciencias Sociais: as etapas da historia, liñas do tempo.

  • Plástica: técnica artística(puntillismo), Paralelas e  3D, crear acuarelas con tintes naturais, manualidades, creación de pelotas de malabares ... Aquí tendes algúns exemplos:


  • Ciencias naturais. elaboración de pirámides alimenticias e menús saudables. 



martes, 16 de xuño de 2020

Plástica para o confinamento


Moraña no mundo.Saray-Borgholzhausen, Alemania


PALABRAS ENCADEADAS

Boas a todas e a todos!

Esta semana propoñemos o seguinte xogo en familia: palabras encadeadas. 
Unha persoa comeza dicindo unha palabra e a do seu lado debe dicir outra que comece pola última letra desa palabra. Por exemplo: 


CASA ... ALTO ... OITO ... OVALADA ... ARTE ...  ESTOXO 


Para facelo máis difícil, en lugar de dicir unha palabra que comece pola última letra, podedes dicir unha palabra que comece pola última sílaba. 
Para facelo máis divertido podedes poñer un cronómetro e pasarvos unha pelota (ou similar), como facíamos no cole. Cando remate o tempo, quen teña a pelota perde! 

luns, 1 de xuño de 2020

O RELOXO... XOGO DE CARTAS!



Familias! O xogo que vos propoñemos esta semana é moi sinxelo, ademais mellora a atención de pequenos e maiores!


Collemos unha baralla de cartas e repartímola entre todos os participantes. Comezamos o xogo, por quendas iremos tirando unha carta ao centro (para que todos a poidan ver) á vez que se vai repetindo a orde da baralla: un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, sota, cabalo, rei, un, dous…

Se a alguén lle coincide o número da súa carta co que se dixo e os demais xogadores se dan de conta, terá que quedar co montón que se acumulou. Se o seguinte xogador non se da de conta será el ou ela o que teña que quedar co montón. 


Gaña o primeiro que quede sen cartas!


martes, 26 de maio de 2020

Bingo de dados

Para este xogo só necesitas un anaco de papel para os cartóns de cada xogador, dous dados e 6 obxectos pequenos para usar de ficha.
Debuxaremos nos cartóns 2 filas e 3 columnas para obter 6 casas. En cada casa, anotaremos números do 2 ao 12. Cada cartón debe ser diferente.

Lánzanse os dados e súmanse os puntos. Se o noso cartón contén ese número, colocaremos unha ficha enriba. O xogo acaba ao ter o cartón cheo e cantar BINGO!

Podes complicar o xogo usando máis dados. Se usas 3, deberás poñer nos cartóns números do 3 ao 18; se usas 4, deberás poñer números do 4 ao 24; e así sucesivamente.
Tamén podes aumentar o tamaño dos cartóns debuxando máis casas e ter así máis números.







venres, 22 de maio de 2020

QUIZIZZ

Invitamos a todo o alumnado e a todas as familias a participar nun xogo en línea o LUNS 25 ás 19:30.
Trátase dun cuestionario sobre RICARDO CARVALHO CALERO, realizado polo alumnado de 1º de primaria.




Seguro que xa coñecedes a web de QUIZIZZ pero se non... aquí tedes as instrucións para o luns:



Entra na dirección web:  https://quizizz.com/

ou pon no buscador de google “Quizizz”, 
e clica na páxina.













Na parte superior, 
clica en “unirse a un juego” 
ou a “join game”.










Introduce o código do xogo
que se publicará no blog, 10 minutos antes

Clica en “join game”.

Agora só ter que escribir o teu nome,
clicar en "Start game"

e espera a que empece.

martes, 19 de maio de 2020

Xogo das cadeiras

Proba este xogo en familia divertidísimo que seguro xa coñeces!

Colócanse cadeiras formando un círculo, de xeito que teñamos sempre unha menos que o número de persoas.
Unha persoa encargarase de poñer a canción, e nese momento, todos comezarán a xirar arredor das cadeiras. Cada vez que a música pare, os participantes sentarán nas cadeiras, quedando eliminado o que non tivera onde sentar.
Isto repetirase até que só quede un xogador, que será o gañador.

Usa para xogar as seguintes cancións "da banda das pitas" inspiradas na obra de Ricardo Carvalho "As pitas baixo a choiva"


xoves, 14 de maio de 2020

AS PARROQUIAS DE MORAÑA

O alumnado de 2º de Educación Primaria está a traballar nunha tarefa integrada sobre "O NOSO CONCELLO"
Unha das últimas actividades trataba sobre as parroquias que forman o concello de Moraña. Deixámosvos unha mostra dos debuxos que moitos nenos e nenas nos fixeron chegar sobre a súa propia parroquia. 
Grazas a tod@s!

martes, 12 de maio de 2020

AÍ VEN O MAIO

Representacións do MAIO, polos nenos e nenas de 2º!!! Xeniais!!! Mil grazas pola participación! 

venres, 8 de maio de 2020

SUDOKU

Nesta ocasión queremos que coñezades o xogo do SUDOKU.

O Sudoku xógase nunha cuadrícula de 9 x 9 (polo xeral) na que cada fila, columna e cadrado debe completarse cos números do 1 ao 9, sen repetir ningún número dentro da fila, columna ou cadrado.
Nos seguintes enlaces, atoparedes unha web para facer sudokus online. No segundo enlace, os sudokus teñen unha cuadrícula de 4 x 4 para facelos máis fácil xa que só habría que completar cos números do 1 ao 4. Se nunca xogáchedes, empezade por estes.