domingo, 1 de xaneiro de 2017

O CORPO HUMANO

Os nenos e nenas de primeiro investigaron este trimestre sobre o corpo. Saben unha chea de cousas.
Fun a súa clase e saín de alí con moita información. Este nenos son todos uns expertos!!!

Contáronme que o primeiro que fixeron foi escribir unha nota ás familias para pedir material sobre o corpo. 

Co que se trouxo montamos unha exposición.

Agora o que lle quedaba por facer era unha investigación. Decidiron investigar os 5 sentidos e de como era o corpo por dentro.
Descubriron cousas como estas:

  • Dentro do ollo hai un líquido claro e xelatinoso. Cada ollo ten forma de esfera de 2,5 cm de diámetro. 
  •  O corazón é un músculo do tamaño dun puño (do puño de cada un), polo seu interior pasa o sangue, á que fai circular por todo o corpo, porque ten a misión de bombear o sangue.
  • O óso máis longo é o fémur (46 cm), e o máis pequeno o estribo do oído (2,5 mm = a punta dun lapis). 
  • Os bebés teñen máis de 300 ósos (unha persoa maior 206). Estes ósos do bebé son moi brandos, como cartilaxes, e vanse endurecendo co tempo. Cando somos maiores, fanse máis fráxiles, e por iso, unha persoa maior cando cae pódese romper un óso con máis facilidade que un neno. 
Con toda a información montaron uns bonitos esqueletos e
un lapbook.






Cando vin o lapbook rematado quedei impresionada. Que ben lles quedou!!! 
Na portada puxeron a súa cara e dentro tiña moita información sobre os sentidos. O que máis me chamou a atención foi un fío vermello no dedo meñique.
-Isto que significa?- preguntei
-Pois é  o fío vermello do destino, non sabes o que é? 

E aquí tendes a relación entre a tarefa, actividades e exercicios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario