martes, 19 de abril de 2016

CADERNO DE CAMPO

Os nenos e nenas de segundo son uns expertos biólogos.
Fixeron un estudo sobre diferentes plantas e animais do seu entorno e apuntaron as súas pesquisas nun pequeno caderno de campo.
- Pero que é un caderno de campo?- pregúntome eu.

-Un caderno de campo ou diario de campo é unha ferramenta usada por investigadores de varias áreas para facer anotacións cando executan traballos de campo.- explica Héctor.
-Os cadernos de campo son normalmente block de notas no que os investigadores escriben ou debuxan as súas observacións. Esta ferramenta de investigación é usada por biólogos ou xeólogos, paleontólogos, arqueólogos...-segue a explicar Fátima.
-Que interesante é iso do caderno de campo!-pensei.
Entroume tanta curisodade que fun as clases de segundo a velos.
Que ben lles quedaron, con anotacións precisas e con debuxos feitos con coidado e detalle. Estes nenos teñen madeira de científicos!!!!!


Para realizar este traballo ademais da observación empregaron diversa bibliografía.

Ademais para completalo, elaboraron mapas conceptuais sobre os animais e as plantas. Desta maneira organizan mellor os coñecementos. 
E ademais de biólogos tamén son uns grandes artistas: fixeron moitas obras artísticas  na que o fío condutor eran as plantas e os animais. 

Para rematar aquí vos deixo a relación entre a tarefa, actividades e exercicios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario