Amosando publicacións coa etiqueta 2016-17. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2016-17. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de xuño de 2017

Xogos no pateo!!

Sabedes a última? Un grupo de nenos co profe Saúl de Ed. Física pintaron xogos no chan do pateo. Para o curso imos poder pasalo xenial nos recreos!
Mirade as fotos


luns, 26 de xuño de 2017

ANIVERSARIOS 1º: 3º TRIMESTRE

O venres 23 de xuño celebramos os aniversario do terceiro trimestre. Estaban de aniversario:

  • Maio: Uxía e Sergio.
  • Xuño: Laura, Antía, Antón, Mauro, Alex e mestra Patri.
  • Agosto: Hugo, Carla H., Lía, Sara, Izan, Catalina e Thalia.

AS PLANTAS

Estes nenos e nenas de primeiro sonche moi curiosos...
Ata o final anda dándolle a cabeza...investigaron sobre as plantas. Estaban interesados en saber como xerminaba unha semente e cales eran as partes dunha planta.

luns, 19 de xuño de 2017

FINAL DE CURSO

Este curso 2016/17 estase acabando e os nenos, nenas e mestras de primeiro ímonos moi contentos.
Descubrimos algúns dos misterios da vida: ler, escribir, facer contas... pero tamén aprendemos outras cousas como: facer ioga, bailar a ritmo dun pasodobre feito por Gloria Fuertes, a escoitar aos ademais, a poñernos no lugar do outro, a ser amigos uns dos outros...e alimentamos a nosa CURIOSIDADE.☺

domingo, 18 de xuño de 2017

CÁLCULO ABN

Neste curso os nenos de primeiro introducíronse no cálculo ABN.
E que é iso? Pois aquí volo imos explicar.😍

CARLOS CASARES


Este ano dáselle o premio das letras galegas  a Carlos Casares.
Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político.

sábado, 17 de xuño de 2017

OS PAXAROS DO PATIO

Os alumnos de primeiro sempre andan con gañas de saber...e nesta ocasión querían saber sobre os paxaros.
E o tempo prestábase para observar paxaros no contorno...😍

PALABRA SEMANA


No terceiro trimestre os nenos e nenas de primeiro comezaron a facer unha actividade nova: A palabra da semana.

AGASALLO NAIS

Resulta que o primeiro domingo de maio era o día da nai e os nenos e nenas de primeiro quixeron facerlle un agasallo ás súas nais.

sábado, 10 de xuño de 2017

EXCURSIÓN A ONS

Os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 5º de Primaria foron de excursión ás illas Ons.
As illas Ons son un arquipélago situado á saída da ría de Pontevedra. A ela pertencen as illas de Onza (illa granítica pequena de difícil acceso) e Ons, pertencentes ao concello de Bueu e ao Parque nacional das Illas Atlánticas. Nelas hai praias, calas, cantís e furnas.
Que ben o pasaron!!!!

xoves, 8 de xuño de 2017

Mirade que bonitos quedaron os receitarios que fixeron os nenos de Primaria (dos que xa vos falei e que vos ensinei!), agora están de exposición e de consulta en Conserxería. Pódense concultar para ver o  bonitos que quedaron ou para facer algunha receita que non coñecemos.
Hai cousas riquísimas eu xa collín varias  receitas...

domingo, 28 de maio de 2017






Estaba eu a pasear polo patio, cando vexo a unhas nenas e nenos saíndo do edificio de primaria. 
- E vós a onde ides?
- Pois mira Greta, imos á biblioteca.
- Pero para que?
- Verás, o noso cole está participando nun programa Erasmus+, xunto con varios países europeos, e a nós gustaríanos coñecer algunhas cousas deses países, polo que imos investigar....
- E que país ides investigar?
- Imos buscar información sobre Italia: a súa comida, lugares turísticos para visitar, o seu cine....

Mira como facemos...

 


















Despois organizamos a información....







E aquí estan os resultados..








luns, 22 de maio de 2017

Aquí estou outra vez... paseando polo corredor e vin unha porta aberta..
Os nenos e nenas de terceiro estaban moi entretidos mirando unhas tarxetas...


pero que estades a facer?

Pois mira Greta estivemos a estudar as horas e os reloxos, e a mestra trouxo estas fichas de dominó e nós estamos a aprender as horas xogando...

















Tamén fixemos reloxos ....

martes, 9 de maio de 2017

Ola a todos e todas, estaba eu a pasear, como sempre, e atopeime con uns nenos e nenas de terceiro que ían con unha ficha escrita, e eu curiosa como sempre pregunteilles: e logo que levades aí?. Pois mira Greta e que a nosa profe deunos unha ficha con debuxiños e díxonos, mirade estas viñetas e escribide un breve conto, pero non olvides poñerlle un título; e aquí están algúns....









É tempo de xogar

O outro día estaba a facer o trasno polos tellados cando escoitei un rebumbio na clase de 5ºA... Acerqueime sixilosamente e atopei ao alumnado xogando e contando historias sobre os seus xoguetes favoritos.

Peluches, coches de radiocontrol, bonecas, mascotas robóticas, Pokémons, videoxogos, cariñosos recordos, manualidades, Pinypons, vehículos e animais en miniatura... Ata o profe levou uns Legos propios!
Madriña querida! Que de cousas contaban! Menudas historias tan cheas de detalles!

Foi sen dúbida unha experiencia estupenda; da gusto unir fogar con escola.
E se non me credes velaquí tedes unha mostra visual! Mirade que pasión e agarimo amosan estes rapaces e rapazas!

luns, 1 de maio de 2017

Gloria Fuertes

Este ano celébrase o centenario do nacemento de Gloria Fortes, na que se intenta reivindicar a súa obra, o seu legado e manter a memoria e pegada de Gloria.

A autora, nacida no castizo barrio de Lavapés, facía letras aparentemente inxenuas pero que encerraban un compromiso e unha lírica singular que a converteron nunha voz esencial da literatura española dos 50.

venres, 28 de abril de 2017

PINGUIÑAS


Curiosidades sobre 6ºA Sabiades que pode chover nas clases?

Pois os de 6ºA conseguírono pero non con auga senón con tinta e un pincel. Pois a min sorprendeume ao velo, están todos os alumnos xuntos nunha parede xunto á súa porta.
Explicáronme que o fixeron cuns paquetes de acuarelas, palliñas, pinceis e ... soprando moitísimo!!!!!!
Eles fixeron fotos cun paraugas cando facía sol, eu creo que as persoas que pasaran por alí riríanse deles, imprimiullas a súa profe e colleron unha metade de papel de acuarela no cal puxeron unha silueta da foto orixinal e despois disto colleron acuarelas e aguáronos. Neste tempo, colleron palliñas e volveron polas acuarelas e sopraron e sopraron... por último pegáronos a unha cartulina e...
QUEDARON CHULÍSIMOS !!!!!!!!!!!!!!






luns, 24 de abril de 2017

MARCHA DA ESPERANZA


Con motivo da celebración da paz este ano no CPI
Santa Lucía festexamos a Semana da Paz.
Este curso adicouse a Semana da Paz á igualdade de xénero baixo o nome xenérico de “Feminino Singular”. Realizáronse unha serie de actividades do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro, que inclúen a“Carreira Solidaria” e charlas entorno á Igualdade de xénero e ao papel da muller en diferentes ámbitos.