Amosando publicacións coa etiqueta Andaina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Andaina. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de abril de 2021

Andaina a Rebón sexto de primaria

Como recompensa por cumprir coas merendas saudables dentro do proxecto deportivo do centro, o alumnado de sexto de primaria realizaou unha andaina a Rebón.

Pasámolo moi ben!!

sábado, 13 de marzo de 2021

Camiñata a Rebón.

                     Camiñata a Rebón                              

     Tiñamos tantas ganas de sair que, en canto apareceron unhas raioliñas de sol, puxémonos a camiñar.

    Saímos cara Barosela pola beira do río Agra.




    Ao chegar á ponte Ramil, deixamos o camiño para comezar o camiño monte a través cara a fervenza das Laxes.


 

    Había que ir moi amodo porque nas laxes podiamos esvarar, pero o camiño pagaba a pena xa que son espectaculares!







     Puidemos ver varios muíños e as fotos quedáronnos xenial!



    Temos que seguir subindo para ver a canteira dende arriba. 



    Volvemos ao camiño e pasamos pola Fontaíña e chegamos á igrexa de San Pedro de Rebón. Alí, o profe Pablo, tíñanos preparado un xogo de pistas sobre os elementos decorativos da igrexa e os instrumentos medievais que atopamos nos canzorros. Por certo, temos que darlle as grazas a Julia que nos abriu a igrexa para que puidésemos vela por dentro.


    Unha vez que merendamos e recuperamos forzas comezamos o camiño de volta polo monte de Barosela.


 


    Fixemos outra paradiña nunha pedra xigante,  aínda nos quedaban 3 km para chegar ao cole.




            Foi unha camiñata preciosa. Rematamos tan cansos...precisamos entrenar máis para a seguinte !

venres, 12 de marzo de 2021

sábado, 25 de xaneiro de 2020

Ruta Biosaudable

Aproveitando esta semana sen choiva, o alumnado de 1º e 2º de primaria botouse a andar para percorrer parte da ruta biosaudable de Moraña.
Recomendámosvos camiñar por esta marabillosa senda se aínda non o fixestes.


luns, 1 de abril de 2019

Andaina 2º de primaria

O pasado venres 29 de marzo, o alumnado de 2º de primaria saíu a camiñar por Moraña, aproveitando o bo tempo. Esta actividade moi saudable foi promovida dende a materia de Educación Física.

Prema na seguinte foto para acceder ao vídeo