mércores, 28 de decembro de 2016

1,2,3...CONTAMOS ATA 100

Entrei na clase de primeiro e atopei aos nenos moi liados cos números: 1,22,88,64,75....
Explicáronme que están a practicar un novo método coñecido co nome de "Cálculo ABN".
-E que significa isto?

-A "A" é a primeira letra de "ABERTOS".
-Por que son abertos?
-Porque non hai unha forma única de realizar os cálculos, e cada alumno pode solucionalos de forma distinta, en función do seu desenvolvemento, dominio do cálculo, estratexias ... Os algoritmos clásicos son pechados: só hai unha forma de realizalos, non admiten discrecionalidad nin alteración no prescrito. As contas de sempre non son máis que a aplicación cega, memorística e sen sentido, dun conxunto de instrucións previamente establecido.
Despois vén "BN". Quere dicir "BASEADOS EN NÚMEROS". 
-É que os outros están baseados en letras?
-Non, naturalmente. Peró si o están en cifras. É dicir, que desgajan todas as cifras que contén o número, e a todas dálles idéntico tratamento. Insisto: ao facer contas non se descompón o número en unidades, decenas, centenas, etc., senón en cifras soltas e illadas. Pola contra, no noso método sempre se traballa con números: poderán ser máis pequenos ou máis grandes, pero sempre se combinan números completos.
Escribíndoo en términos que produzan o adecuado resalte, diriamos que a
metodoloxía tradicional está constituída por algoritmos CBC (pechados baseados encifras), mentres que a nosa establece algoritmos ABN (abertos baseados en números).
Neste mapa conceptual reflexan o material que están usando en primeiro para aprender os número.

E aquí tendes aos nenos realizando algunhas das actividades que fan día  a día para coñecer ben os números.

  • Xogar coas flores matemáticas

  • Moldear coa plastilina e os números.
  • Elaborar o libro dos números. Nel incluén a grafía, o nome do número,e por último,  a cantidade de palillos e de figuras que indica o número.



  • Xogan coas regletas de Cuisenaire, un xogo de manipulación matemática.  No sistema, hai dez regletas de 1 a 10 cm. Ás regletas de igual lonxitude asígnaselles o mesmo cor.As regletas de Cuisenaire seguen este sistema:



Cor Branca Vermella Verde claro Púrpura Amarela Verde escuro Negra Marrón Azul Laranxa
Lonxitude
(cm.)
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10




  • Xogar cos números móbiles.




  • Elaboran diferentes calendarios: calendarios de aniversarios, calendarios de advento...





  • Fichas sobre os números importantes na súa vida.


Ningún comentario:

Publicar un comentario