Amosando publicacións coa etiqueta competencia comunicación lingüística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta competencia comunicación lingüística. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de abril de 2021

ENTREVISTA A AITANA E LARA. VALENCIA







 

ENTREVISTA A AITANA E LARA

VALENCIA

Os nenos e nenas de 5ºA fixéronlle unha entrevista a Aitana e Lara , as primas de Catuxa.

Aitana é a maior, ten 10 anos, e é da nosa idade, e Lara ten 8 anos. Tamén teñen unha irmá pequena chamada Vega, que ten 3 anos, a súa nai Begoña ten 42 anos, e o seu pai Andrés 45 anos.

Eles viven nunha casa  en Torrente, na costa Mediterránea, nos arredores da cidade de Valencia.

  Alí teñen clima mediterráneo,os invernos son suaves e os veráns calorosos.

Hai moitos sitios para visitar, por exemplo a Cidade das Artes e as Ciencias onde hai un edificio de cine 3d, outro é o museo onde podes facer experimentos e logo o outro edificio é o Oceanografic que é como un acuario.

 Outros lugares para visitar son o Miguelete, as Torres de Serrano, a Albufera ou as súas inmensas praias.


 

 

 

 



 

 

 

 

 

 

 

 

A comida típica de alí son os arroces pero o mais coñecido é a paella, tamén o allipedre, que é un guiso de anguila e ,a froita por excelencia, a laranxa.


 

Na comunidade Valenciana goberna Ximo Puig.

As rapazas viven alí porque naceron alí, e a nai vive alí porque aprobou as oposicións para profe en Toledo, e alí coñeceu a Andrés que vivía en Valencia, marcharon para Valencia,casaron e tiveron fillos.

Begoña leva fora de Moraña desde 2004 pero en Valencia desde 2008.

Ela traballa de profesora de matemáticas nun instituto e Andrés nunha fábrica de cintas de embalar.

En principio eles vanse a quedar a vivir alí a non ser que as rapazas cando sexan maiores marchen de Valencia.

A Aitana gústalle facer deporte e tirar petardos en fallas, e a Lara gústalle patinar e tamén tirar petardos en fallas.

Elas teñen morriña de ver a súa familia,de estar en Galicia e de estar nas fallas xa que co covid non as puideron celebrar.




Tamén vos estaredes preguntando que son as fallas. Son unha festa moi grande en Valencia en que en cada falla (hai 380 fallas por toda Valencia)hai un edificio chamado O Casal, onde durante todo o ano fan actividades pero en fallas están case todo o día alí. En fallas constrúese unha estatua chamada Ninot que o día 19 quéimana.



Fallas en Valencia, entre petardos y mascletás | TU HOBBIE TU VIAJE | Blog  Viajes

 Tamén en cada falla hai unha fallera maior que é como a xefa das fallas. Das 380 fallas elixen 13 falleras maiores, e unha de elas é a fallera maior de Valencia, que vai a actos ata no estranxeiro. E como non, en fallas e tradición tirar petardos.





venres, 26 de marzo de 2021

LUÍS SEOANE LÓPEZ

 Un día estabamos na clase e chegou unha caixa misteriosa, abrimos a caixa e dentro había unhas pistas. Eran sobre unha personaxe que tiñamos que adiviñar. Nunha das pistas había un poema, noutra había cadros, coma por exemplo o cadro “As mariscadoras”. Na seguinte había un rompecabezas co seu retrato, noutra había uns cadros cos seus nomes e cos anos nos que se fixeron, tiñamos que adiviñar de quen eran os cadros, tamén había unha sopa de letras onde tiñamos que poñer as definicións das palabras, por último había unhas bandeiras e tiñamos que poñer unhas iniciais. Con estas iniciais desciframos o nome do autor, Luís Seoane López.

Ao ver uns dos seus cadros pensabamos que se trataba do pintor Piet Mondrián.

Quince días máis tarde chegou unha carta que era de Luís Seoane López, que nos dicía que tiñamos que facer un xogo co cadro que hai en infantil que e éste:

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=qduCBzkQPbo

 

DATOS SOBRE LUIS SEOANE.

Naceu o 1 de Xuño de 1910 e viviu en Buenos Aires, faleceu o 5 de Abril de 1979 na Coruña.

El estudou na universidade de Santiago de Compostela e non tivo fillos, dedicábase á pintura, gravado, muralísmo, poesía, ensaio, xornalísmo, avocácia etc.

Este son algúns dos cadros de Luís Seoane:

  

 Cien años

 

Este era Luís Seoane:

 

 E este e un poema: