mércores, 11 de maio de 2016

EXPERIMENTO 3: XERMINACIÓN


Nesta ocasión os nenos de 2º levaron acabo un novo experiemento no seu recuncho científico: Xerminaron sementes!!!!!

Os materiais que se precisan son:
ÍTEM
CANTIDADE
Pequenos frascos de vidro 
1 por neno
Algodón



1 paquete
Garavanzo
1 por neno
Espiga de millo
1
Taper transparente
Auga
1 vaso
O procedemento a seguir foi o seguinte:
  1. Limpar o recipente e humedécese ben o algodón.
  2. Introdúcese no mesmo o garavanzo aínda que sen quedar do todo encerrado pois necesitamos que quede visible.
  3. Introdúcese o algodón co garavanzo no recipiente e déixase repousar uns días, xunto a unha xanela.
  4. Ao cabo de moi poucos días veremos como do garavanzo empeza a saír un talo que sobe, así como unhas pequenas raíces. Xa temos a planta.


Tamén xerminaron unha espiga de millo:

As fases do experimento son as seguintes:

FASE
NOME
TEMPO
FASE 1
Preparar frascos cos garavanzos
5 minutos
FASE 2
Facer hipóteses sobre o que pode suceder e recollelas por escrito.
20 minutos
FASE 3
Observar de forma diaria a evolución dos garavanzos. Apuntar por escrito os datos máis destacados.
5 minutos tódolos días ( durante 2 semanas)
FASE 4
Sesión de argumentación no grupo clase entre todos os alumnos e alumnas.
50 minutos
FASE 5
Redactar un pequeno texto expositivo no que se reflicta a conclusión xeral resultado das observacións diarias e do debate na aula. Colocar o texto xunta as plantas, como explicación do experimento.
50 minutos
FASE 6
Exposición a outra clase de como realizamos o experimento, das observación e das evidencias extraídas.
50 minutos

Ningún comentario:

Publicar un comentario