mércores, 11 de maio de 2016

EXPERIMENTO 2: FLORES DE CORES


Nesta ocasión os nenos de 2º levaron acabo un novo experiemento no seu recuncho científico.
Esta experiencia vai axudarnos  entender como as plantas absorben auga e se distribúe
 a través do talo a todas súas partes.
Os materiais que se precisan son:
ÍTEM
CANTIDADE
Pequenos frascos de vidro 
5
Auga



1 litro
Colorante alimenticio
4 tubos de diferentes colores.
Margaridas brancas.
5
Proposta de investigación
1 por grupo
Guía do estudante
1 por estudante
O procedemento a seguir foi o seguinte:
  1.  Encher cinco  vasos de vidro transparente con auga un pouco máis da metade.
  2. Colócase unhas cantas pingas do colorante alimentario en cada un dos vasos; usar cor distinta en cada vaso. Deixamos un vaso sen colorante.
  3. Cortar os tallos das margaridas en diagonal, tendo presente que cada tallo debe medir aproximadamente 15 cm. para que poida apoiarse no fondo do vaso e a flor sobresaia,logo colocalas no vaso e deixalas repousando uns días.
As fases do experimento son as seguintes:
FASE
NOME
TEMPO
FASE 1
Preparar frascos coa auga
5 minutos
FASE 2
Facer hipóteses sobre o que pode suceder e recollelas por escrito.
20 minutos
FASE 3
Observar de forma diaria a evolución das flores. Apuntar por escrito os datos máis destacados.
5 minutos tódolos días ( durante 2 semanas)
FASE 4
Sesión de argumentación no grupo clase entre todos os alumnos e alumnas.
50 minutos
FASE 5
Redactar un pequeno texto expositivo no que se reflicta a conclusión xeral resultado das observacións diarias e do debate na aula. Colocar o texto xunta as flores, como explicación do experimento.
50 minutos
FASE 6
Exposición a outra clase de como realizamos o experimento, das observación e das evidencias extraídas.
50 minutos

Ningún comentario:

Publicar un comentario