xoves, 19 de maio de 2016

BICENTENARIO DE CERVANTES

Os nenos e nenas de segundo contáronme que neste ano, o 2016,  fanse 400 anos da morte de Miguel Cervantes.


Cúmprense catro séculos da morte do escritor e cobra vida, neste IV Centenario, unha aspiración colectiva que inclúe exposicións, concertos, montaxes teatrais e de danza, ciclos de cinema, publicacións e estudos, programas de investigación, rutas turísticas, proxectos dixitais e unha infinidade de actividades divulgativas e de fomento da lectura. E os nenos de segundo sumáronse a conmemoración lendo unha das súas obras máis célebres: "EL QUIJOTE".

Como a novela escrita por Miguel de Cervantes é moi extensa lemos un quijote para nenos:"O meu primeiro Quixote" da editorial Cometa. Nel o enxeñoso fidalgo Don Quixote monta a través das páxinas deste libro belamente ilustrado por Mingote para invitar os máis pequenos a descubrir a mellor novela de todos os tempos.

Ademais fixemos diferentes actividades : redactar un dos capítulos máis coñecidos do Quixote, construír unha marioneta de Don Quijote, copiar o cadro de Joan Miro, Elaborar un marca páxinas, comparar as diferencias e as semellanzas entre Don Quijote e Sancho Panza...






E todas as nosas actividades reflectímolas nun mural. Mirade!!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario