venres, 12 de febreiro de 2016

CARTAS SAN VALENTIN

Chega o 14 de febreiro e os nenos e nenas de segundo escribiron cartas de San Valentín para aquelas persoas que queren.

 Os nenos explicáronme que antes de escribir a carta leron e observaron diferentes cartas. Asi déronse conta de que nas cartas había que poñer a data e o lugar dende onde se escribía. 

_ E despois hai que poñer " Querido.."e o nome de a quen vai dirixida a carta_ di Nico.
_ Para continuar hai que escribir o que se lle quere dicir a esa persoa querida. _ continua Olaia.
_ E non se non pode esquecer despedirnos e firmar. A firma é moi importante, porque senón non saben quen a escribe _ explica Adrián.

Meteron as cartas nuns bonitos sobre. E listo!!!!!
Estes nenos escribíronlle aos seus irmáns, pais, nais, cans....a ver si algún deles me mandou  unha carta a min. Que ilusión!!!!




Para rematar mirade a relación entre a tarefa, actividades e exercicios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario