martes, 16 de febreiro de 2016

A AUGA


Os nenos de segundo saben moitas cousas sobre a auga!!
Estas semanas estiveron a investigar e descubriron moitas cousas. 
- Sabemos que a auga do mar se ve azul porque é o reflexo do ceo -explica Alicia.
-!É coma un espello! - explica outro.

E así continuaban explicando  os nenos de segundo o que aprenderan sobre a auga.  Empregaban palabras como : evaporación, condensación, sólido, líquido, ciclo da auga...
E como sabedes tantas cousas?- Pregunteille.
Primeiro, por grupos, recollemos información do que sabíamos da auga.
Pois sabémolas porque estivemos investigando en diferente bibliografía e coa información elaboramos un lapbook.





-Ademais tamén fixemos mapas conceptuais, no que se reflectimos os conceptos máis importante- di Miguel.

E como lle gustou moito o tema en plástica traballamos diferentes cadros no que o protagonista é a auga: cadros de Joaquín Sorolla, Eduard Munch, Claude Monet...e diferentes manualidades mariñas.



 Mirade que artistas estamos feitos!!!


Aquí tedes a relación entre a tarefa, as actividades e os exercicios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario