Iker veu a clase con un libro moi interesante sobre experimentos: MI GRAN LIBRO DE EXPERIMENTOS. Entre toda clase decidiron o experimento que querían facer: O ovo saltarín.
O material que precisaba era:
- 1 ovo.
- Vinagre.
- Un recipiente de plástico con tapa.
O procedemento a seguir son:
- Botar no recipiente de plástico vinagre suficiente como para cubrir totalmente o ovo
- Introducir o ovo dentro do recipiente.
- Pechar coa tápaa.
- Esperar 48 horas.
- Saca o ovo e observa como bota.
Os nenos e nenas observaron que o ovo aumentou de tamaño e volveuse elástico. No libro explicáballes que o que pasou é que o vinagre reaccionou coa casca do ovo disolvéndoa e, nunha reacción chamada ósmosis, a auga do vinagre pasou ao interior do ovo a través da membrana semipermeable que o cobre. O ovo vólvese elástico por esa membrana que queda.
Aos nenos de cuarto pareceulle tan interesante que lle foron ensinar e explicar o experimento a os nenos de segundo.
Mirade no vídeo a conferencia que deron os nenos de cuarto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario