venres, 28 de abril de 2017

PINGUIÑAS


Curiosidades sobre 6ºA Sabiades que pode chover nas clases?

Pois os de 6ºA conseguírono pero non con auga senón con tinta e un pincel. Pois a min sorprendeume ao velo, están todos os alumnos xuntos nunha parede xunto á súa porta.
Explicáronme que o fixeron cuns paquetes de acuarelas, palliñas, pinceis e ... soprando moitísimo!!!!!!
Eles fixeron fotos cun paraugas cando facía sol, eu creo que as persoas que pasaran por alí riríanse deles, imprimiullas a súa profe e colleron unha metade de papel de acuarela no cal puxeron unha silueta da foto orixinal e despois disto colleron acuarelas e aguáronos. Neste tempo, colleron palliñas e volveron polas acuarelas e sopraron e sopraron... por último pegáronos a unha cartulina e...
QUEDARON CHULÍSIMOS !!!!!!!!!!!!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario