domingo, 18 de xuño de 2017

CARLOS CASARES


Este ano dáselle o premio das letras galegas  a Carlos Casares.
Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político.

Como xa sabedes, aos nenos de primeiro gústalle moito ler.
Lemos “A galiña Azul”. O libro está composto de catro capítulos: “O peixe da fonte do xardín”, “A bomba da felicidade”, “A galiña azul” e “A formiga esquiadora”.
Tanto nos gustou que decidimos continuar a historias e inventar nas nosas cabeciñas outro final diferente ao que propuxo Carlos Casares. Fixemos uns contos circulares preciosos...

 

E coas nosas historias colaboramos na actividade proposta pola biblioteca : que foi de...?
Tamén decoramos a porta coa galiña azul, fixemos uns bonitos marca páxinas da galiña azul e elaboramos unhas ilustracións moi coloridas do Principiño ( obra do francés Antoine de Saint-Exupéry traducida ao galego por Carlos).
Os debuxos do Principiño presentámolos a un concurso de pegativas organizado polo EDLG  e a gañadora de Primeiro foi Candela. Noraboa artísta!
Cada día gústanos máis ler e coñecemos máis autores....😍

Ningún comentario:

Publicar un comentario