martes, 9 de maio de 2017

É tempo de xogar

O outro día estaba a facer o trasno polos tellados cando escoitei un rebumbio na clase de 5ºA... Acerqueime sixilosamente e atopei ao alumnado xogando e contando historias sobre os seus xoguetes favoritos.

Peluches, coches de radiocontrol, bonecas, mascotas robóticas, Pokémons, videoxogos, cariñosos recordos, manualidades, Pinypons, vehículos e animais en miniatura... Ata o profe levou uns Legos propios!
Madriña querida! Que de cousas contaban! Menudas historias tan cheas de detalles!

Foi sen dúbida unha experiencia estupenda; da gusto unir fogar con escola.
E se non me credes velaquí tedes unha mostra visual! Mirade que pasión e agarimo amosan estes rapaces e rapazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario