domingo, 25 de setembro de 2016

LETRAS E MÁIS LETRAS





Os nenos e nenas de primeiro viñeron con moitas gañas de aprender a escribir e a ler.
E como a vida está chea de letras fan moitas actividades coas letras.

Pola mañá na asamblea poñen a data, len o menú e o horario, xogan as palabras encadenas...

E ademáis fan diferenten escritos para organizarse mellor.

Por exemplo un día elaboraron un menú coas merendas saudables do recreo. Van a poñelas nas neveiras das súas casas par así non esquecerse da merenda que toca cada día. Tamén me fixeron un para min porque a veces teño tantas cousas na cabeza que me despisto..






Outro día elaboraron o horario escolar para levar para a casa. Así non se van a esquecer de meter os tenis na mochila cando teñen educación física.



E como non, en ocasións pintan, escriben, repasan letras, forman palabras...en nada xa están todos lendo e escribindo minúsculas.






1 comentario:

  1. Mmmm... que fame me está a entrar... aínda bó é que eles nos escribiron o menú para lembrárnolo. Agora xa non se esquece ninguén.

    ResponderEliminar