luns, 31 de outubro de 2016

OUTONO

Chegou o outono. Durante esta estación a temperatura comeza a descender.As follas das árbores caducas cambian a súa cor verde por tons ocres, ata que se secan e caen axudadas polo vento que sopra con maior forza. Este cambio de cor obsérvase nas árbores do noso patio.

Como nos parece tan bonito o patio coas follas outonais levamos o outono a aula. Colgamos unha rama seca no teito da clase e pendemos nela follas pintadas. Algunhas desas follas pintámolas co pincel e outras co centrifugados de verduras. Mirade que obra de arte.



 E ademais un día no que estabamos traballando veu pola clase o mestre Pablo con un ourizo cacho  (Erinaceus europaeus): un mamífero insectivo que abunda nas fragas galegas e nas pradarías que teñen arbustos, sebes e valados onde agocharse.

 Aos nenos de primeiro e a min interesounos tanto o tema que buscamos información sobre este animal. E descubrinos que cando se sinte atacado envólvese  e formar unha bóla de pugas contra os seus inimigos: cans, raposos, porco teixo, lamotes ou curuxas.
 Procura xeralmente o alimento de noite, cando se mostra moito máis activo. Caza e come sobre todo insectos, pero pode alimentarse de caracois, limachas e mesmo ras. Esta dieta compleméntaa ás veces con ovos de aves que aniñan no chan, con landras, castañas e outros froitos e bagas. A súa actividade é sobre todo nocturna, polo que pode ser visto á tardiña.  Polo día está en niños inaccesibles, normalmente no medio de matogueiras densas ou silveiras nas que lle é doado introducirse.
Con esta información cada neno fixo un ourizo cacho de plastilina e unha ficha de recollida de información... E finalmente puxemos os ourizos cacho no cesto do outono.



Ningún comentario:

Publicar un comentario