venres, 11 de marzo de 2016

EXPERIMENTO: TERRARIO

Os nenos e nenas de segundo están a voltas con un novo experimento no seu recuncho de experimentos.
Nesta ocasión ,  reproducen o ciclo da auga nunha pequena construción ( un terrario )  .

Usando un frasco transparente botaron tres capas de terra, plantamos unha planta e introducimos un pequeno recipiente de auga no interior do terrario

O sol quenta a auga. A auga evapórase, sobe polas paredes do frasco e cae en pingas á terra , permitindo a alimentación da planta Este sinxelo experimento permite que os máis pequenos observen o ciclo da auga dentro de un frasco.
Os materiais que se precisan para realizalo son os seguintes:
ÍTEM
CANTIDADE
Un gran frasco de vidro con tapa ou plástico
1 por aula.
Terra




150 gr
Area
150 gr.
Pedras pequenas
50 gr
Unha planta con raíz
1 por aula.
Un recipiente de auga (por exemplo , un tapón )
1 por aula.
Proposta de investigación
1 por grupo
Guía do estudante
1 por estudante
As fases do experimento son as seguintes:
FASE
NOME
TEMPO
FASE 1
Preparar terrario.
15 minutos
FASE 2
Facer hipóteses sobre o que pode suceder e recollelas por escrito.
20 minutos
FASE 3
Observar de forma diaria a evolución da planta. Apuntar por escrito os datos máis destacados.
5 minutos tódolos días ( durante un mes)
FASE 4
Sesión de argumentación no grupo clase entre todos os alumnos e alumnas.
50 minutos
FASE 5
Redactar un pequeno texto expositivo no que se reflicta a conclusión xeral resultado das observacións diarias e do debate na aula. Colocar o texto xunta o terrario, como explicación do experimento.
50 minutos
FASE 6
Exposición a outra clase de como realizamos o experimento, das observación e das evidencias extraídas.
50 minutos


Ningún comentario:

Publicar un comentario