martes, 2 de febreiro de 2016

Vaia artistas!!

Non os daba atopado… mira que levo todo o curso buscando e por fin atopei o curso que me faltaba no último pasillo ao final de todo.
Os nenos e nenas de 3ºA estaban a falar dun home cun nome moi raro, tiven que achegarme para entendelo ben. VINCENT VAN GOGH.

Estaban a buscar información para facer un mural sobre el.






A condición que lles puxo a mestra e que tiña que ser un traballo en equipo e todo o mundo tiña que poñerse de acordo.




Tiñan unha cartolina por equipo.

Sabedes que?  Non é tan doado como parece !!!

Pero, mirade que bonitos quedaron!





Ningún comentario:

Publicar un comentario