venres, 22 de xaneiro de 2016

CÓMICS

Os rapaces e rapazas de segundo acaban de rematar uns cómics con unhas viñetas moi coloridos e con bocadillos ocorrentes.

Para facelos leron diferentes cómic, fixáronse en que os cómics están divididos en viñetas, que as personaxe usan os bocadillos para falar, que si nunha viñeta hai máis de un bocadillo lese primeiro o bocadillo de arriba, que hai diferentes tipos de bocadillos....




E xa sabendo todas estas cousas, xa estaban preparados para facer os seus propios cómics.








Mirade o resultado do seu traballo.






E aquí vos deixo a relación entre a tarefa, actividades e exercicios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario