domingo, 16 de xuño de 2013

Un espantallo.... a praia....

Non se escoita nada, todo estaba en silencio. Que cousa máis rara!

Inmediatamente collín o meu catalexo, enfoquei e quedéime, estupefacta! Non daba co recado! Estaban todos concentrados, escribindo, debuxando. Aproximei máis o meu catalexo, ollade o que vin:


O espantallo tímido

Na praia de Villagarcía había un farol moi lonxe e había un barco precioso. Meu pai quedouse a durmir e chegamos ao farol, eu empézolle ao meu pai: Papá, papá, estamos no faro! Vamos para arriba. Subiron as escaleiras e foron a onde está a lampada e viron un espantallo. Carlos dille: como te chamas?, eu chámome Manolo, puxéronme aquí de adorno. Queres vir á nosa aldea a traballar de verdade, so tés que vixiar de os paxaros que non nos coman o millo. Vale, entón levárono para a praia e o espantallo botóuse crema solar para poñerse moreno. 
O seu primeiro día de traballo dixo ao anoitecer. É mellor estar traballando que estar de adorno.



O espantallo

O espantallo era moi vello, momoi vello, ata tiña bigote, estaba feito de palla, plumas e cun cara terrorífica. Todos os que pasaban por diante asustábanse. El so quería ter amigos para bailarlle e asi xa era feliz ata que chegou un día que pasaba unha nena. O espantallo díxolle: -Queres ser miña amiga? E lle dixo: -E que te teño un pouco de medo. -Tranquila, son bo. E foi a súa amiga para sempre e foron á praia.





   Había unha vez un espantallo que estaba na praia cravado nun pau e un día viñeron catro piratas e queríano. Levárono ao cárcere pero el escapou do cárcere nunha barca que había tirada. Colorín, colorete pola chimenea escapou un cohete.




O espantallo praieiro

Había unha vez un espantallo que andaba un día de moito calor. O espantallo Carlos foi á praia, chegou e estaba todo ocupado e dixo: -Qué pena! un día como hoxe non me estraña. Peo o espantallo foi para o oeste e encontrou un sitio, puxo a toalla e metéuse na auga e estaba perfecta.





O espantallo e a praia

Era un espantallo normal pero un día que tronaba chegóulle un raio e estaba vivo. Quería ir á praia pero non podía porque estaba enganchado. Desenganchóuse e por fin andou e logo chegou á praia e o pasou xenial.




Na praia cando hai gaviotas comían os bacadillos da xente e tamén picoteaban a xente e entón decidiron poñer un espantallo e as gaviotas non volveron a facer mal.





O espantallo na praia

Era unha vez un espantallo que podía andar, o problema era que quería ir a praia pero non encontraba a praia. Pero un día encontrou unha porta que poñía praia, intentou abrila, pero non puido. Despois encontrou a chave e foi feliz para sempre na praia de alí.


E asi podería continuar deixándovos máis historias, estaba tan abstraía que nin sentin tocalo timbre de saída.

Ningún comentario:

Publicar un comentario