Para este xogo só necesitas un anaco de papel para os cartóns de cada xogador, dous dados e 6 obxectos pequenos para usar de ficha.
Debuxaremos nos cartóns 2 filas e 3 columnas para obter 6 casas. En cada casa, anotaremos números do 2 ao 12. Cada cartón debe ser diferente.
Lánzanse os dados e súmanse os puntos. Se o noso cartón contén ese número, colocaremos unha ficha enriba. O xogo acaba ao ter o cartón cheo e cantar BINGO!
Podes complicar o xogo usando máis dados. Se usas 3, deberás poñer nos cartóns números do 3 ao 18; se usas 4, deberás poñer números do 4 ao 24; e así sucesivamente.
Tamén podes aumentar o tamaño dos cartóns debuxando máis casas e ter así máis números.
Ningún comentario:
Publicar un comentario