sábado, 17 de decembro de 2016

Cooking Time!!!

O alumnado de 5ºA estivo traballando receitas de cociña e repostería.
Estes pequenos e pequenas masterchefs pretenden facernos relamer de pracer con semellantes pratos. Que aproveite!!!

Receita para biscoito de chocolate.

Ingredientes:
- Manteiga.
- 3 ovos.
- 12 culleradas de fariña.
- 12 culleradas de azucre.
- 6 culleradas de cacao.
- 9 culleradas de aceite.
- 9 culleradas de leite.
- 1 sobre de Royal.


Utensilios:
• Recipiente de cristal e outro de plástico.
• Culler.
• Vaso.
• Batedor.

Mans a obra!
Nun recipiente apropiado de cristal se botan os
ovos, a fariña, o azucre, o cacao e de seguido vaise
botando o aceite, o leite e o sobre de Royal. Logo
bátese todo ata que non queden grumos. Cando a
masa esté preparada úntase o recipiente de
plástico con manteiga e con fariña logo métese 9
minutos no microondas.
E listo para papar!

A tortilla española.

Ingredientes:
2 patacas
2 ovos
Aceite

Utensilios:
1 coitelo
1 prato
1 cuenco pequeno
1 tenedor
1 cuenco grande
1 tixola

Mans a obra:
Limpar as patacas e co coitelo partilas en pequenos
anacos , limpamos os ovos e no cuenco pequeno
partir os ovos e co tenedor batelos, poñemos a
tixola ao fogo e botamos todo. Remexemos todo e
despois de tres minutos, botamos todo no cuenco
grande e botámolo outra vez, esperamos 40
segundos e botámolo no prato e listo. Agora a
comela. Bo proveito.

LENTELLAS VEXETAIS:

INGREDIENTES:
• PATACAS
• CEBOLA
• PEMENTO VERMELLO e VERDE
• CENOIRA
• CABAZA
• ACEITE E SAL
• AUGA

Utensilios:
• coitelo
• tenedor
• culler
• pota
• prato
• Tixola

Elaboración:
Nunha tarteira poñemos 2 cucharadas de aceite, e as
verduras a refogar, imos revolvendo para que non se
queime, unha vez douradas engadimos auga, as lentellas e
unha pizca de sal.
Deixamos cocer durante 40 minutos.

BISCOITO CASEIRO DE FROITAS

Ingredientes:

6 ovos, 250g de fariña, froita, 250g
azucre, ralladura de limón, 1 sobre ROYAL.

Utensilios:
Molde, cunca, platos e batedora.

Mans a obra!
Facer unha papilla coa froita. Montar as claras
a punto de neve, engadir azucre pouco a
pouco, o limón as xemas e ROYAL.
Verter a mezcla no molde untado de manteiga
e fariña e ao forno precalentado a 150ªc .
Debaixo colocar un cazo con auga. Deixar
cocer algo menos de 1 hora.

Bistec picado

Ingredientes:
carne picada
sal
allo
ovo (según a carne)
pan raiado
aceite

Utensilios:
tixola
tenedor

Pasos:
Mestúrase o ovo, o allo picado, o sal e o aceite coa carne,
despois cun tenedor fanse os bistecs e se pasan polo pan
raiado e a freír na tixola ata que estean dourados.

Tortilla de espinacas

Ingredientes:
• Ovos
• Espinacas
• Aceite
• Sal
Utensilios:

• Tixola
• Prato fondo
• Prato plan
• Garfo

Pasos
Nunha tixola frites as espinacas con aceite e sal.
Mentres tanto nun prato bates os ovos. Unha vez
feitas as espinacas as mesturas con os ovos e as
échas na tixola todo xunto cando se vea que está a
punto,colocas un prato plan encima da tixola se le
da a volta e se deixa facer polo outro lado.

Mousse de chocolate

Ingredientes: (4 persoas)
- 125 gr. de chocolate negro
- 75 gr. de manteiga
- 2 xemas de ovo
- 75 gr. de azucre
- 3 claras de ovo
- 150 gr. de nata montada
- Virutas de chocolate

Utensilios:
- Un microondas, un bol, unhas copas e unha
batidora .

Mans a obra:
- Trocar o chocolate e fundilo no microondas
ou ao baño María. Engadir a manteiga en
pomada e mesturar ben.
Bater as xemas coa mitade de azucre ata que
esté blanquecina, engadir a nata. Bater as
claras a punto de neve co resto do azucre.
Mesturar con coidado co preparado anterior.
Poñer en copas e metelo na neveira. Adornar
con virutas de chocolate.

CHULAS DE CABAZA

Utensilios: Tarteira , Culler, Sartén , Tenedor e
Fonte

Ingredentes: Auga, Sal, Harina, Raiadura de limón,
2 Ovos, Leite, Azucar, Cabaza, e Aceite

Mans a obra: Limpamos a cabaza, troceamola,
poñemola a cocer e lle botamos un pouquiño de sal,
a poñemos uns 30 min .Despois a retiramos do
lume , escurrimos a auga e botamola nun bol
botamoslle os ovos e a raiadura de limón . Despois
botamoslle azucar ao gusto , batemolo ,
botamoslle a fariña e o leite e segimos batendo.
Ter coidado de que a masa non sexa nin moi
branda nin moi espesa. Cando a masa estea lista
untamos a sarten con aceite e imos botando
pequenas culleradas , a fogo lento . Dámoslle a volta
cun tenedor cando estean lista poñemolas
nunha fonte e espolvoreamos azucar ao gusto.

TARTA DE QUEIXO DO MEU PAI

Ingredientes:
Galleta Chiquilin
Manteiga
Azúcar
Queixo de untar
Mermelada de fresa
Leite enteira

Utensilios:
Un cazo grande
Un molde
Unha culler
Unha batedora

Pasos:
1-Desfacer as galletas, derretir a manteiga
nun cazo grande e mesturar todo xunto.
2-Meter a mestura nun molde e deixalo na
neveira.
3- Poñer nun cazo o leite, o azúcre e o queixo
de huntar e mesturalo coa batedora.
4-Botar a mestura no molde e deixalo enfriar
2 horas na neveira.
5- Por último engadirlle por ariba a mermelada
de fresa.

TARTA DE QUEIXO

Ingredientes:
- 1/2 litro de leite.
-1/2 litro de nata.
- 2 tarrinas de queixo Philadelphia.
-200gr. De azucre.
- 1 sobre de requeixo Royal.
- Caramelo líquido.
-Galletas.

UTENSILIOS: Un tazón,unha tarteira e un molde.

PASOS:
1- Botar o caramelo líquido no molde e reservar.
2- Diluír a requeixo nun pouco de leite no tazón.
3- Poñer todos os ingredientes na tarteira e poñela ao
lume se deixar de revolver ata que empece a ferver.
4- Verter a mezcla no molde.
5- Colocarlle galletas por encima.(Sen mollalas en nada)
6- Métese na neveira polo menos 4 horas.
7- Desmoldala antes de servila.
NOTA: Pódese facer o día anterior e o molde pódese
untar con manteiga.

Filloas de leite

¼ de litro de leite
¼ de litro de auga
4 ovos
Fariña (a que faga falta)
Sal e azúcre
Touciño

Bátense os ovos, mestúranse co leite e a auga.
Pouco a pouco bótaselle a fariña ata obter unha
pasta homoxénea. Pásase a batedora para desfacer
os grumos.
Pónse a quentar unha tixola ao lume, cando esté
quente na tixola úntase co touciño. Bótase unha
capa fina da pasta e cando estea torrada por un
lado cun coitelo sepárase da tixola e dáselle a volta
ata que se poña torrada polo outro lado.
Pónse nun prato e bótaselle azucre
E asi a comes!
MMM!!!

MACARRÓNS CON ATÚN

INGREDIENTES:
250 gramos de macarróns
1 lata de atún
Salsa de tomate
Auga
Sal
UTENSILIOS: unha tarteira, un escurridor, unha
culler e un tenedor.
PASOS:
Poñemos auga a ferver cun pouco de sal e
cando ferva botamos os macarróns.
Unha vez que están cocidos, sacámolos e
escurrímolos.
Nunha tarteira poñemos a salsa de tomate a
quentar co atún desfeito e botamos enriba os
macarróns. Mesturamos todo ben.

BISCOITO CON LACASITOS

INGREDIENTES:
1 vaso de leite
1 vaso de aceite
4 ovos
2 vasos de azucre
3 vasos de fariña
Levadurina
Reladura e zume de limón
Lacasitos

UTENSILIOS: batidora, una culler, un relador,
un coitelo, un exprimidor e un molde para tartas.

COMO SE FAI:
Na batidora botamos os ovos co azucre e
batemos. Logo engadimos o leite e o aceite e
volvemos a batir. Engadimos a fariña coa
levadura e batimos e logo o zume e a reladura
dun limón. Batimos todo ben e botamos a masa
nun molde.
Metémola no forno a 180º durante unha media
hora.
Cando estea fría, facemos uns pequenos
cortes cun coitelo e metemos en cada corte un
lacasito, deixando un cachiño fora.

BIZCOITO DE PEPITAS DE CHOCOLATE

Ingredientes:
-2 iogures naturais azucarados
-250g azucre
-250g fariña
-6 ovos
- 1 sobre de levadura
- 1 limón (O zume)
- Pepitas de chocolate
- Medio vaso de aceite.

Utensilios:
- 1 fonte
- 1 bol
- Unha batidora.

Pasos:
Primeiro mesturamos a xema dos ovos co
azucre,ata que teñamos unha mestura blanca,
despois añadimos o iogur, a fariña coa
levadura, o zume do limón ,as pepitas de
chocolate e por último o aceite. Mesturamos
todo coa batidora.
Nun bol batemos as claras do ovo a punto de
neve e engadímolas á mestura anterior.
Por último botamos a mestura nunha fonte
previamente untada con manteiga , metémola
no forno a 180ºC.
Deixar enfriar e a comer!!!
Que ricooooooo!!!!!!!!!

TORTILLA DE PATACAS

Ingredientes: Ovos 6 ou 7 depende do grande que a queiras, queixo, patacas e aceite.

Utensilios:
Sartén
Freidora
Bol
Coitelo
Batedora de man ou tenedor.

Pasos:
1º Pelamos as patacas.
2º Cando estean peladas as patacas cortámolas en rodaxas.
3º Metemos as patacas na freidora.
4º Mentras se frien as patacas rómpense os ovos e se meten nun bol.
5º Bátense os ovos coa batidora de man ou co tenedor.
6º No bol donde estan os ovos engádenselle o queixo e as patacas fritas.
7º Na sartén botaselle un chorrito de aceite.
8º Todo o que estea no bol botase na sartén.
9º Dáselle unhas voltas.
A papar.
Vos recomendo con ketchup ou maionesa.

TARTA DE QUESO

INGREDIENTES:
1-Tarrina de queso phidadelphia
3-huevos
1-sobre de levadura
1-yogurt griego
1-vasito de yogurt de nata líquida
1-vasito de yogurt de harina (tamizar)
1-vasito de yogurt de azúcar
1-vasito de yogurt de leche

PREPARACIÓN:
Horno precalentado 180ª. Calor arriba y
abajo. Tiempo entre 45-50 min.
Mezclamos todos os ingredientes, poco a poco
mezclamos hasta conseguir una masa sin
grumos. Los añadimos en el orden de la
receta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario