Xogamos as cartas?
Hoxe podemos pasar o tempo xogando a ESCOBA DO 10.
Necesitas a baralla cos 8 e 9 e debes quitar as sotas, os cabalos e os reis. Reparte tres cartas a todos os xogadores e coloca no medio da mesa 4 cartas boca arriba. Xa podemos empezar! O obxectivo consiste en coller cartas que sumen 10, cunha nosa e as da mesa. Cando acabes a túa man, reparte outras 3 cartas.
Se non tes baralla na casa, colle 5 folios, dóbraos 3 veces pola metade para conseguir 8 partes. Agora recorta cada carta e escribe nelas os números do 1 ao 9 catro veces. Baralla lista! Se queres, tamén podes debuxar nas cartas os catro paus da baralla española: bastos, ouros, espada e copas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario