CARMEN-ETIOPÍA
Hoxe
tivemos a sorte de entrevistar á nai do noso compañeiro Yosef.
Chámase
Carmen ten 45 anos e é de Santa Xusta.




Etiopía esta a dous
mil metros ao nivel do mar e por eso moita xente atópase mal cando
vai alí de viaxe (mal de altura).
Hai moita variedade
de animáis: burros , marabús , camellos , iguanas , vacas... e
burros que e o seu principal medio de transporte.
Se vas de viaxe tes
que visitar o merkato que como unha feira enorme na que podes atopar
de todo. O monumento máis importante son as igrexas de Lalibela que
son igrexas subterraneas escavadas nunha montaña.
Tamén hai moitos
museos E Carmen contounos que en Etiopía se atopou a o esqueleto de
Lucy, a primeira homínida.
Hai moitas
plantacións de café , dise que o café e orixinario de Etiopía. Hai
unha ceremonia do café no que cho tostan, prepárano , e sírvencho
acompañado de palomitas . E un café máis sano co da aquí porque
ten menos cafeína e o toman todos os nenos...........
E moi normal comer
mazorcas de millo asadas que che venden pola rúa pero a comida máis típica e a injera un pan feito de un cereal chamado teff .
Acompañase de carne vexetais e cómese coas máns non hai cubertos.
A vida alí e moi
barata por exemplo tomar dous refrescos custan cincuenta céntimos,
pero tamén hai que pagar por todo como o médico o as medicinas. As
medicinas son moi escasas e podes morrer dunha gripe .
Carmen vive en Santa
Xusta co seu fillo, ca sua nai e un gato chamado Daniel.
Ela quere volver a
Etiopía, pero Yosi non quere.
Ningún comentario:
Publicar un comentario