venres, 25 de xaneiro de 2019

DO IT FROM THE HEART!!


 No noso colexio decidimos facer un mural colaborativo. Participamos todos os nenos e nenas de primaria e secundaria, arredor de 430 rapaces.

O lema do mural é:
FAI AS COUSAS DE CORAZÓN.

Os corazóns temos que debuxalos en cartóns, cada un pode elixir o seu deseño e coas cores que queira.





Despois xuntarémolos todos para facer o mural.

Deixámosvos unha mostra e despois xa vos ensinaremos como quedou o definitivo.   
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario