domingo, 15 de xaneiro de 2017

TRABALLAMOS CON ELEMENTOS NATURAIS

Como aos nenos e nenas de 2º encántalle traballar todos xuntos, fixeron unha actividade de plástica que lles quedou chulísima!. 


Como o outono estaba a piques de acabar, quixeron darlle unha  boa despedida facéndolle un mural, todo con elementos naturais. A min encantoume a idea e, por suposto, fun colaborar.


Utilizamos  grans de café e lentellas, para "pintar" a castaña, como olía o café de ben!!!! . E recollimos elementos do contorno propios desta estación para a decoración do mural. Este foi o resultado, que tal quedou?











Ningún comentario:

Publicar un comentario