xoves, 21 de abril de 2016

O MULTIPLICATOR!!

Estes rapaces e mestres de 3º non paran.

Agora están todos os dias a facer multiplicacións sen parar.  Estiven ollando, e esto foi o que vin…

Teñen tiras de 35 multiplicacións, e cada día ao comezo da clase de matemáticas as mestras danlle a cada neno e nena unha tira, poñen o temporizador e comezan!! 
Os rapaces teñen ese tempo para completar a tira. 
Despois os mestres a corrixen e os nenos e nenas reciben unha cara de acordo coa súa puntuación.

Mira que teñen que saber ben as tablas eh!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario