xoves, 7 de agosto de 2014

Bote dos secretos.

Xusto despois do recreo escoitei como a mestra de primeiro lles estaba a contar aos rapaces un conto sobre medos.

Eu son moi medosa, aínda que non me gusta recoñecelo.

A mestra axudoume a desfacerme dos meu medos, cóntovos como?

Díxome que na aula había un bote que se chama "O bote dos secretos" e que collera un folio en branco e que tiña que debuxar o meu medo e escribir debaixo o que era. Unha vez feito, tiña que doblar o papel unha e outra vez e despoís metelo no bote onde quedaría e non me molestaría máis.



Non lle digades á mestra, pero, tiña razón…..funcionou!!!

1 comentario: