Na miña vida!!! Eu estaba a facer un pouco de limpieza no armario da mestra cando atopei unha bolsa ENORME de garavanzos.
Que fai nunha aula unha bolsa chea de garavanzos?
Non peguei ollo en toda a noite. Que ía facer eu con tanto garavanzo.
Comelos non… (non llo digades a ninguen, pero non me gustan moito).
Ata me levantei a pasear pola aula para poder pensar mellor, cando sen querer tirei unha poca pintura azul sobre uns pocos.
E sabedes, veume á cabeza unha idea marabillosa… esos garavanzos eran igualiños ás unidades que estivera explicando a profe un días antes.
Co cal deixeille á mestra unha notica coa miña idea de pintar garavanzos para as matemáticas.
Que vos parece……
Ningún comentario:
Publicar un comentario