Descubrimos algúns dos misterios da vida: ler, escribir, facer contas... pero tamén aprendemos outras cousas como: facer ioga, bailar a ritmo dun pasodobre feito por Gloria Fuertes, a escoitar aos ademais, a poñernos no lugar do outro, a ser amigos uns dos outros...e alimentamos a nosa CURIOSIDADE.☺
Neste video podedes ver o que nos levamos de primeiro.
Como o verán vai ser moi longo imos repasar algunha das cousas aprendidas. Tende en conta estas boas condicións:
- Elixe unha boa contorna para que o faga, con luz natural e no que teña suficiente espazo. Unha mesa no patio ou a terraza (sempre á sombra) pode ser unha boa opción.
- Establece un horario adecuado, como a primeira hora da mañá ou o momento da sesta. O tempo non debe superar os 20 minutos ou a media hora.
- Non comeces a traballar con el en canto rematen as clases, dálle un tempo de descanso ( uns 15 días).
- Un día facer unha lectura do libro de ROLDA e despois facer un pequeno copiado ou ditado da mesma.
- Outro día traballar nas fichas de numeración ABN colgadas no blog. Podedes descargalas clicando sobre a imaxe.
Os estudos demostran que os xogos activos, como correr, montar en triciclo ou nadar contribúen a estimular o seu cerebro, ao contrario do que fan as actividades pasivas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario