Surxiu o
proxecto da árbore dos cumpridos pola razón de traballar a competencia
emocional en grupos cos/as nenos nenas de 4ºA de Primaria.
Pasei
por alí e vin que fixeron un traballo chulíísimo, en primeiro lugar,
dividirónse en tres grupos e despois cada grupo fixo a súa parte do
traballo. Cando remataron colgarono no corcho da clase e quedou
precioso! Gústoulles moitíísimo! Despois, sentáronse nunha roda no chan,
para debatir que responsabilidades ían adquirir para colgar na árbore.
Uns propuxeron coidar das súas mascotas, outros estudar máis, coidar de
seus irmáns/ás, prácticar máis deporte, etc.
O
final da actividade colgaron o seu propósito na árbore en forma de
mazás. Traballaron un montón e ademais eu penso que o fixeron xenial!
Son un rapaces/zas moi traballadores e xa estou agardando para que me
sorprendan co próximo proxecto. Ata a outro día, pasádeo moi ben!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario