Onte estaba de visita na clase de 6ºA e quedeime asombrada do gran proxecto que levan a cabo,Moraña no mundo!! Estaredes preguntándovos que é iso.
Pois consiste en que a súa profesora contacta con morañeses que se foron o estranxeiro e os alumnos fanlles unha entrevista,onde aprenden sobre outros lugares do mundo.
Grazas a este proxecto viaxaron coa súa imaxinación e cos seus visitantes a....Venezuela,Francia,Reino Unido,Irlanda,Suiza,Islandia,Macedonia e Polonia,e o que lles queda!!!
Neste momento seguen a ruta dun marino que esta de misión no Mediterráneo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario