Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta . Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de abril de 2021

Xogos tradicionais

Tras a volta de Semana Santa, as alumnas e os alumnos de 2ºA repasamos a información recollida sobre os xogos tradicionais da aula. Non podía faltar a proba dos xogos.





Esa semana tamén despedimos a nosa compañeira Alexandra Constantin.



venres, 12 de marzo de 2021

domingo, 8 de novembro de 2020

Andaina outonal

O xoves 5 de novembro, o alumnado de 2º de primaria levou a cabo unha andaina pola contorna de Moraña. Ademais de realizar exercicio físico ao aire libre, puidemos admirar a máxica paisaxe outonal.


xoves, 14 de maio de 2020

AS PARROQUIAS DE MORAÑA

O alumnado de 2º de Educación Primaria está a traballar nunha tarefa integrada sobre "O NOSO CONCELLO"
Unha das últimas actividades trataba sobre as parroquias que forman o concello de Moraña. Deixámosvos unha mostra dos debuxos que moitos nenos e nenas nos fixeron chegar sobre a súa propia parroquia. 
Grazas a tod@s!

martes, 12 de maio de 2020

AÍ VEN O MAIO

Representacións do MAIO, polos nenos e nenas de 2º!!! Xeniais!!! Mil grazas pola participación! 

sábado, 25 de abril de 2020

CONTACONTOS DE 2º

Para desexarvos unha boa fin de semana, deixámosvos os últimos contos contados. Esperamos vos gusten e os disfrutedes. Grazas a todas e todos os que participáchedes neste actividade. 











xoves, 23 de abril de 2020

DEBUXANDO CON LEANDRO LAMAS

En 2º propuxemos a actividade de debuxar con  Leandro Lamas. Trátase de seguir uns pasos que o mesmo artista propón para obter como resultado un dos seus debuxos! E, ten moitos modelos diferentes, así que si vos animades ou queredes repetir a experiencia, podedes seguir debuxando. 


Por si alguén quere saber máis deste artista, os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria, escribiron a súa biografía



E, logo de saber sobre a vida de Leandro Lamas, seguiron os seus pasos:




E... os resultados dos debuxos dos alumn@s son xeniais, non si? Verdadeiros artistas! 

Grazas polos vosos traballos.



domingo, 19 de abril de 2020

CONTACONTOS DE 2º

Seguimos contando contos e, por estar na fin de semana, deixámosvos cunha chea deles!!! Esperamos que os disfrutedes. Moitas grazas a todas e todos por compartir as vosas lecturas! 








mércores, 15 de abril de 2020

luns, 13 de abril de 2020

xoves, 9 de abril de 2020

CONTACONTOS DE 2º

Comezamos cos contacontos de 2º!
As primeiras alumnas voluntarias para participar no reto literario deste mes  elixiron, como conto clásico, “La sirenita” e “Bambi”.
Cales serán os seguintes???...

mércores, 8 de abril de 2020

O RETO LITERARIO DE 2º

Neste curso escolar, o alumnado de 2º de Educación Primaria está participando nun Reto Literario, que vos deixamos a continuación. 
O reto deste mes, consiste en ler un conto clásico e farémolo "virtualmente". Aqueles nenos e nenas que se animen a contarnos un conto, publicarémolo nun vídeo para que todos sexades partícipes. 

sábado, 25 de xaneiro de 2020

Ruta Biosaudable

Aproveitando esta semana sen choiva, o alumnado de 1º e 2º de primaria botouse a andar para percorrer parte da ruta biosaudable de Moraña.
Recomendámosvos camiñar por esta marabillosa senda se aínda non o fixestes.


MURAL COLABORATIVO

No primeiro trimestre, o alumnado de 2º de Educación Primaria elaborou un mural no corredor para traballar a cohesión grupal. Nel, puxeron os seus nomes, as súas pegadas e encheron pezas de crebacabezas cos seus gustos persoais. Logo, colaborativamente, uniron esas pezas xa que "TODOS SOMOS UNHA  PEZA IMPORTANTE DO QUEBRACABEZAS".