luns, 26 de xuño de 2017

AS PLANTAS

Estes nenos e nenas de primeiro sonche moi curiosos...
Ata o final anda dándolle a cabeza...investigaron sobre as plantas. Estaban interesados en saber como xerminaba unha semente e cales eran as partes dunha planta.

Experimentaron diferentes  formas de xerminar. 
E que é iso da xerminación preguntei.
-Pois buscamos no dicionario e dinos que a xerminación é o proceso polo cal o embrión crece e desenvólvese ata transformarse nunha planta. 
Comezamos xerminando garavanzos, lentellas e fabas en algodón. Este método é moi sinxelo e teñen poucos pasos de execución: construímos uns bonitos invernadoiros con cartolina , metemos as sementes e o algodón mollada nunha bolsa transparente e colgámolos nas ventás. Fomos observando a súa xerminación. Como medraron!!!!


Despois plantamos sementes en terra. Para iso decoramos unha botella de plástico. 
E plantamos tagetes. Os tangetes é un xénero de plantas herbáceas anuais ou perennes da familia da margarida. Son nativas de México e distribuídas ao longo de América.Esta planta coñécese tamén como caraveis das Indias ou rosa da India.


Para rematar o noso traballo, plasmamos todo o aprendido nun lapbook e nun mapa conceptual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario