domingo, 18 de xuño de 2017

CÁLCULO ABN

Neste curso os nenos de primeiro introducíronse no cálculo ABN.
E que é iso? Pois aquí volo imos explicar.😍

  • A "A" é a primeira letra de "ABERTOS". Por que son abertos? Porque non hai unha forma única de realizar os cálculos, e cada alumno pode solucionalos de forma distinta, en función do seu desenvolvemento, dominio do cálculo, estratexias ou, ás veces, simple capricho. Os algoritmos clásicos son pechados: só hai unha forma de realizalos, non admiten discrecionalidad nin alteración no prescrito. As contas de sempre non son máis que a aplicación cega, memorística e sen sentido, dun conxunto de instrucións previamente establecido.
  • Despois vén "BN". Quere dicir "BASEADOS EN NÚMEROS".É que os outros están baseados en letras?ao facer contas non se descompón o número en unidades, decenas, centenas, etc., senón en cifras soltas e illadas. Pola contra, no noso método sempre se traballa con números: poderán ser máis pequenos ou máis grandes, pero sempre se combinan números completos.
Escribíndoo en términos que produzan o adecuado resalte, diriamos que a metodoloxía tradicional está constituída por algoritmos CBC (Cerrado baseados en cifras), mentres que a nosa establece algoritmos ABN (abertos baseados en números).
Nestes videos vese aos nenos de pimeiro calculando co ABN.




  O autor do Método ABN é Jaime Martínez Montero, mestre e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación, que explica: A idea de crealo é máis o resultado de toda unha vida profesional na que se traballou con especial intensidade a didáctica das matemáticas, que algo que se lle ocorre a un de súpeto.

Para quen esté interesado en traballar con este método aquí deixo o seguinte caderno de traballo realizado por Luga Estacio, mestre no CEIP Manuel de Falla de Jerez de la Frontera (Cádiz), para traballar a numeración e preparar ao alumnado para o cálculo ABN. Clicando sobre a imaxe aparece o pdf para decargar.
http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2015/11/NUMERACION-ABN-PARA-PRIMERO.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario