-Oes, e logo ti non ves? Polo menos cheirarás.
Eu non cría o que oían as miñas orelliñas. Mirei para arriba, mirei cara a dereita, mirei cara a esquerda...
- Acabasme de pisar. Ten coidado por favor.
Cando mirei cara abaixo case caio de cu. Estábame a falar unha cousa loooonga, que botaba un arrecendo...
-Non me coñeces, son un allo.
- Non, ti non eres un allo. Un allo é coma un dente, bueno mellor dito é unha cabeza con dentes. E ti, perdoa amigo, non o eres.
-Escarva un pouco. -díxome o allo.
Que sorpresa levei cando ao escarvar atopei o que eu entendía por allo. Entón decidín facer unha campaña de poñer un allo e unha cebola na miña vida.
Cheguei a clase e fixen a proposta, e a todos os rapaces lles encantou a idea e decidimos plantar un allo e unha cebola.
E facer un diario para seguir o seu crecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario