xoves, 4 de abril de 2019

Carmen - Etiopía


CARMEN-ETIOPÍA
Hoxe tivemos a sorte de entrevistar á nai do noso compañeiro Yosef.
Chámase Carmen ten 45 anos e é de Santa Xusta.

Foi a Etiopía a unha cidade chamada Addis Abeba a buscar ao seu fillo.Foi en avión dende Vigo a Madrid, de Madrid a Frankfurt e dende alí a Addis Abeba en Etiopía. Estivo alí quince días no hotel Addis View . Foi acompañada da súa irmá Xusta e un grupo de pais e nais.
Cando chegou estaba cansa e moi contenta por que só lle quedaba un día para coñecer ao seu fillo. A súa familia aquí estaba moi feliz pero preocupada porque era unha viaxe moi longa, as comunicacións eran malas, non habia whatsapp... e Carmen non sabía falar Amhárico, só
tres expresións aunque se defendía co inglés.
A cidade sorprendeuna por que e moderna no centro con edificios altos , internet, electricidade, auga corrente,... pero moitas veces hai cortes de luz e todas as comodidades desaparecen. Nos arre dores da cidade e nas aldeas todo e diferente . As casas están feitas de paus e chapas. As estradas son de terra e non hai auga corrente. Os nenos teñen que ir ao río a buscar auga, moita da auga está contaminada é nos ríos hai crocodilos. Se se bebe desa auga contaminada podes enfermar pero se non a bebes podes morrer de sede o clima e moi variado por iso atopamos diferentes: sabana, selva e deserto .
Etiopía esta a dous mil metros ao nivel do mar e por eso moita xente atópase mal cando vai alí de viaxe (mal de altura).
Hai moita variedade de animáis: burros , marabús , camellos , iguanas , vacas... e burros que e o seu principal medio de transporte.
Se vas de viaxe tes que visitar o merkato que como unha feira enorme na que podes atopar de todo. O monumento máis importante son as igrexas de Lalibela que son igrexas subterraneas escavadas nunha montaña.
Tamén hai moitos museos E Carmen contounos que en Etiopía se atopou a o esqueleto de Lucy, a primeira homínida.
Hai moitas plantacións de café , dise que o café e orixinario de Etiopía. Hai unha ceremonia do café no que cho tostan, prepárano , e sírvencho acompañado de palomitas . E un café máis sano co da aquí porque ten menos cafeína e o toman todos os nenos...........
E moi normal comer mazorcas de millo asadas que che venden pola rúa pero a comida máis típica e a injera un pan feito de un cereal chamado teff . Acompañase de carne vexetais e cómese coas máns non hai cubertos.
A vida alí e moi barata por exemplo tomar dous refrescos custan cincuenta céntimos, pero tamén hai que pagar por todo como o médico o as medicinas. As medicinas son moi escasas e podes morrer dunha gripe .
Carmen vive en Santa Xusta co seu fillo, ca sua nai e un gato chamado Daniel.
Ela quere volver a Etiopía, pero Yosi non quere.

Ningún comentario:

Publicar un comentario