martes, 17 de novembro de 2015

LAPBOOK DO CORPO HUMANO


-Esta é a columna vertebral, isto o fémur...
Pasaba polas clases de segundo e escoitei esta conversa entre dous nenos. Estrañada acerqueime a saber en que andaban de novo estes nenos tan curiosos.

-Estamos a mirar o lapbook que fixemos sobre o corpo humano — decían mentres me ensinaban o lapbook.

Comprobei que o lapbook era unha cartolina moi ben dobrada e na que organizaran e repartiran a información que recolleron na súa investigación. 





— Usamos varia bibliografía— explicoume unha nena.
— Bibliografía?— preguntei estrañada.
— Si, bibliografía: os libros e os vídeos do que sacamos información— respondeu.


Estes nenos investigaron tanto e sabían tantas cousas que me quedei a escoitar a estes pequenos expertos. Mirádeos neste vídeo.


E nestas imaxes veredes  as actividades e exercicios que realizaron para construír o seu lapbook.




Ningún comentario:

Publicar un comentario