luns, 24 de abril de 2017

MARCHA DA ESPERANZA


Con motivo da celebración da paz este ano no CPI
Santa Lucía festexamos a Semana da Paz.
Este curso adicouse a Semana da Paz á igualdade de xénero baixo o nome xenérico de “Feminino Singular”. Realizáronse unha serie de actividades do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro, que inclúen a“Carreira Solidaria” e charlas entorno á Igualdade de xénero e ao papel da muller en diferentes ámbitos. 

Aaos nenos de primeiro veunos dar a charla Patricia Simón unha muller garda civil acostumada a mandar.



Para a ocasión elaboramos “Murais cooperativos”. Cada curso elexiu unha figura feminina salientable e elaborou un mural final conxunto para colocar en exposición no corredor.
Os nenos de primeiro elixiron a MARCHA DA ESPERANZA na que mulleres de distintas confesións relixiosas (hebreas, musulmás e cristiás) uníronse para percorrer xuntas, vestidas de branco, varias localidades de Israel co obxectivo de reivindicar a Paz,


Mirade que ben nos quedou o mural:


Ademais os nenos de primeiro do CPI Santa Lucía tamén participaron na Carreira solidaria “Quilómetros de Solidariedade”, unha proposta de Save the Children destinada a sensibilizar e recadar fondos para defender os dereitos dos nenos e nenas en situacións vulnerables.

Ningún comentario:

Publicar un comentario