Para finalizar o trimestre o venres 7 de abril celebramos en primeiro un FESTIVAL HOLI.
Eu non sabía o que era, pero pronto me informaron estes rapaces:
- Holi é un festival de orixe hindú que se celebra principalmente na India e
noutros países nos que habitan grandes comunidades Hindús como en Nepal, Sri Lanka,
Malasia, Sudáfrica ou Reino Unido. O evento coñécese tamén como o Festival de
Primavera, xa que celebra o final da estación invernal na última lúa chea do mes, que
normalmente coincide con finais de febreiro ou principios de marzo.
A celebración orixinal consiste esencialmente en lanzarse pos de cores brillantes e auga
coloreada uns a outros, como símbolo de felicidade pola chegada da primavera, tratando de
emular as alegres cores das flores que nacerán durante a estación vindeira. Os participantes
van vestidos preferentemente de branco.
Durante esa semana os nenos e nenas estiveron elaborando os pos de cores.Estes foron os pasos que seguiron para facer os pos de cores.
E xa só quedaba eses día gozar dos cores.
Para o ano... II edición.
ResponderEliminar