martes, 15 de novembro de 2016

MAGOSTO



Xa sabedes que o magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos.
Na actualidade faíase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro. O magosto celébrase tradicionalmente nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro amplo. Aínda que hai que picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non falta quen bote algunha enteira, para que estoupe na cara de quen as andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogan a tisnarse coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantan e bailan, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira. 
Os nenos de primeiro este curso tamén festexaron no CPI Santa Lucía esta festividade: Pasárono en grande.
Ademais de castañas desfrutaron dunha xornada de xogos coa “Eira Xandiveleira”, unha ludoteca mobil cun montón de xogos de habilidade e inxenio e un obradoiro de construción de xoguetes con materiais de refugallo chamado “Xoguetoloxía”.

Mirade que ben o pasaron.




Para a ocasión fixeron un poema do magosto acompañda de unha bonita ilustración nas que as castañas foron as protagonistas.



Ademáis fixemos unha mandala cos elementos do outono. Os mandalas son representacións simbólicas espirituais e rituais do macrocosmos e o microcosmos, utilizadas no budismo e o hinduismo.



1 comentario: