martes, 17 de novembro de 2015

FOLLAS DO OUTONO


"A arbores espidiñas
sen follas
sen folliñas

Os esqueletos de xeo
amosan
os seus outonos
os seus laios
e os seus soños...."

Estas foron as verbas que escoitei ao entrar na clase de segundo. Estaban a recitar o poema de  Antonio García Teijeiro " Follas de Outono".

O tempo deste poema era o propio: Novembro. Mes de magostos, San Martiños e de follas caídas.

O poema era tan fermoso que os raparigos decidiron facer os seus poemas do outono.
Por onde ían empezar?
 Pois era unha boa idea comezar cos mesmo versos que os de García Teijeiro e despois seguir inventando outos versos.
E para tal fin era necesario buscar palabras que rimasen con folliña. Enseguida empezaron a saír moitas palabras rematadas en " iña": piña, sardiña, coroniña...
Coas palabras na cabeza comezaron a crear os seus versos nos caderno. Unha vez revisados e corrixidos os errores pasáronos  a unha cartolina en forma de folla para colgalos nun mural moi outonal.
Que ben lle quedou!!!



E por si fose pouco, recitaron algúns dos seus poemas para vós. Mirádeos no vídeo...

E aquí tendes a relación da tarefa, actividades e exercicios  que realizaron.


Ningún comentario:

Publicar un comentario