domingo, 11 de decembro de 2016

ERASMUS +

Os rapaces e rapazas de primeiro contáronme o que están a participar nun programa chamado Erasmus+.
Resulta que é o nome dun proxecto educativo de dous anos de duración no que participa o CPI Santa Lucía de Moraña xunto con escolas doutros cinco países: Londres,  Italia, Portugal,Turquía e Alemaña. 


A iniciativa trata sobre os valores democráticos nunha Europa unida e pretende formar cidadáns íntegros. 

Como estes nenos de primeiro son moi curiosos e todo o queren saber, estiveron falando sobre o que era a democracía. E mira que conclusións sacaron:







Ningún comentario:

Publicar un comentario