Hoxe abrimos a primeira caixa...sorpresa!!
Eu axexaba pola fiestra e escoitaba aos nenos dicir: Que é isto? Triángulos grandes! Triángulos pequenos! Cadrados!.. Para que serven? Que podo facer? Se xunto dous triángulos, ah! teño un cadrado! E se lle poño outro triángulo enriba, teño unha casa!
Entón escoitei as mestras explicarlle en que consistía este novo xogo e quenes o inventaran.
Empregando os modelos que eu deixara nas mesas das mestras comezaron a xogar.
O cisne.
Un home danzando.
O gato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario