Entrei nas clases de segundo e vin estes murais tan ben feitos. Puxeran unha foto e un debuxo de cada un deles e acompañáronos con un texto descritivo no que explicaban de que cor tiñan os ollos, como tiñan o pelo, que lles gusta facer...
E pregunteille como o fixeran.
—Pois comezamos recollendo os datos neste cadro.
—E despois, unha vez recollidos os datos, pasaron a crear o texto. —continuaron explicando.—Tiñamos que facer frases con sentido, usar comas e puntos, comezar por maiúscula e revisar a ortografía...
Xa esta feito, so quedaba revisalo, pasárono a limpo e colocárono no mural xunto con unha foto e o debuxo do neno ou nena.
Moito traballaron, e valeu a pena porque lle quedou moi ben. Como se nota que o fixeron con moito coidado, cos cinco sentidiños e con moitas gañas. Mirade o resultado.
E aquí tendes a relación da tarefa, actividades e exercicios que levaron a cabo para facer este mural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario