domingo, 16 de xuño de 2013

Un elefante e unha catedral

Que terá que ver un elefante cunha catedral? -pensei eu.


Pois... algo si, teñen que ver. E senón, lede.

O elefante e a catedral
Era unha vez un elefante que vivía na selva e non tiña que comer. Entón decidiu ir en avión á catedral, pero no avión non podían ir os elefantes e entón foi andando á catedral. E cando chegou á catedral a xente dáballe herba seca por 1 euro. E colorín, colorado este conto acabouse.

Había unha vez un elefante moi, moi pequeno que vivía nunha catedral non moi grande.
Pasou o tempo e o elefante xa era maior, pero un día mentres que el durmía o levaron para a sabana. 
Cando amaneceu el despertouse e non sabía onde estaba. Mirou para a esquerda e tamén para a dereita pero non encontrou nada.
Cando veu outro camión metéuse dentro e tan feliz quedou que estaba impaciente por chegar á casa.

O sábado que ven é o espectáculo en Tui e hai cinco nenas que van ir da miña clase, 2ºB. En Tui hai unha catedral que é unha igrexa e pasaron elefantes por alí para entreter á xente. Era o circo! Pero non sabían que era? Mentres ensaiabamos, aplaudíronos porque o faciamos moi ben.

 A catedral de Santiago de Compostela ten un elefante pintado no escudo cunha trompa enorme, a cola tamén era enorme, a boca pequena, as orellas grandes e grises con moitos ósos, unha patas moi grandes, o corpo ancho e largo que escapara do zoo de Vigo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario